Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Decreto Número 737/2007 do libro de Resolución en materia de persoal ó servicio da corporación dictadas polo Tenente de Alcalde Delegado de Área


# Mércores, 31/10/2007


Ilmo. Sr. DON JOSÉ RABADE ARIAS, Tenente de Alcalde-delegado da Área de Réxime Interior e Protección da Comunidade.
Lugo, trinta e un de outubro de dous mil sete.

Instruido expediente relativo o proceso selectivo para a confección dunhas listas para a substitución de funcionarios/as do Concello de Lugo con dereito a reserva de posto de traballo ou acumulación de tarefas na categoría de Técnicos medios de xestión, segundo as bases e convocatoria aprobadas en sesión do día 26.09.2007, pola Xunta de Goberno Local,  publicadas no Boletín Oficial da Provincia núm. 233 do 09.10.2007 e Taboleiro de Edictos do Concello.

Visto que por Decreto número 731/2007 de Libro de resolucións en materia de persoal, ditado o día 29.10.2007, aprobouse a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos do devandito procedemento selectivo e que foi publicada no taboleiro de anuncios do Concello o día 29.10.2007.

Vista, asi mesmo, a solicitude de participación no devandito proceso selectivo presentada por Dona Natalia Fernández Maside o día 19.10.2007 no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, e recibido o día 29.10.2007 no Rexistro Xeral do Concello de Lugo.
 
En virtude das atribucións conferidas á Xunta de Goberno Local polo artigo 127 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e acordos de dito órgano de goberno, de delegación de atribucións, números 1/877 e 3/533, de datas do 18-10-2004 e do 20-6-2007, respectivamente, RESOLVO:

Primeiro.- Incluir na lista provisional de aspirantes admitidos no devandito proceso selectivo a DONA NATALIA FERNANDEZ MASIDE.

Segundo.-  Manter en vixencia as demais disposicións e prazos sinalados no Decreto número 731/2007 do Libro de resolucións en materia de persoal.

Terceiro.- Procédase  á exposición pública no Taboleiro de Anuncios.

Cúmprase.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova