Imprimir

RELACIÓN DE OBXECTOS CUSTODIADOS POLA POLICÍA LOCAL


14/2/2007

O Concello de Lugo, a través da Policía Local, custodia preto de cen obxectos perdidos na oficina que ten este organismo destinada ao efecto.

A maioría dos obxectos perdidos son DNI e documentación, así como carteiras e monedeiros. Tarxetas, permisos de circulación e xoias conforman este grupo de obxectos que poden ser recollidos polos seus propietarios nas oficinas da Policía Local situadas na praza da Constitución.