Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Patrulla Verde tramitou preto de dúas mil denuncias e informes no primeiro semestre do ano


# Xoves, 23/08/2007
A ocupación da vía pública e os vehículos abandonados son os feitos que enchen o maior número das denuncias

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentou o balance do traballo da Patrulla Verde nos seis primeiros meses do 2007. O edil explicou que os axentes tramitaron xa un total de 1.988 denuncias e informes estreitamente relacionadas co Urbanismo, Medio Ambiente e Protección da Comunidade, concellerías das que depende.

Rábade recordou que "esta Patrulla Verde foi creada no ano 1997 e o seu principal labor é a protección do medio ambiente", e destacou o "excelente traballo desta patrulla que pertenece a Policía Local de Lugo".


Urbanismo

Con respecto ó Urbanismo, os axentes da Patrulla Verde efectuaron 187 informes e 14 denuncias administrativas pola realización de obras que carecían da correspondente licenza urbanística. Os canalóns e as baixantes de augas pluviais rotas ou atascadas que vertían auga á rúa provocaron un total de 10 denuncias.

En relación ás casas que infrinxen a normativa vixente en materia de seguridade, ornato e estética das edificacións do contorno, así como os solares sen pechar e con mal estado de conservación, os axentes tramitaron 41 denuncias administrativas.


Medio Ambiente

No tocante ó Medio Ambiente as denuncias máis frecuentes, un total de 11, teñen que ver coas infraccións por depositar residuos en vertedoiros incontrolados, así como de facer un mal uso da xestión dos residuos sólidos urbanos. Ademais, neste campo, houbo 5 denuncias polo mal estado de conservación do sistema de canalización das augas residuais e 7 por pegar carteis de publicidade naqueles lugares onde non está permitido facelo.


Protección da Comunidade

En relación á Protección da Comunidade 182 denuncias tramitadas pola Patrulla Verde céntranse naqueles vehículos que presentan un estado de abandono, dos que 30 foron retirados pola grúa municipal.

A ocupación ilegal da vía pública ou o exceso de aproveitamento suman 19 denuncias e 184 informes. Rábade indicou que "estes informes son precisos para autorizar a ocupación da vía solicitada por particulares con elementos como guindastres de obra, plataformas elevadoras ou andamios". No que vai de ano, autorizouse a colocación na vía pública de 664 colectores de obra e o corte de tráfico de vehículos en ditintas rúas da cidade en 124 ocasións, comprobando previamente que era imprescindible para a execución das obras.

As denuncias administrativas por carecer de licenza de apertura dos locais comerciaies suman un total de 11. Este servizo realízase básicamente sobre os establecementos encadrados como actividades molestas, insalubles, nocivas e perigosas.

Os informes para a concesión da licenza municipal de vado (108), informes para estatística (57), informes para Xulgados de Primera Instancia e Instrucción e do Penal (140), sobre as festas (54) e os previos á instalación de terrazas na vía púbica (83), completan o traballo realizado pola Patrulla Verde.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova