Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Incidencias pola tormenta rexistradas na cidade de Lugo


# Mércores, 29/08/2007


Os servizos de Bombeiros e Policía Local do Concello de Lugo tiveron esta madrugada varias saídas por mor da intensa choiva que caeu sobre a cidade desde as 5.00 horas.
Os Bombeiros tiveron que achicar auga en tres garaxes sitos nas rúas Castelo de Abaixo, 102; Fontiñas, 90 e San Eufrasio, 4, a Policía Local levantou atestado. As 7.00 horas os bombeiros trasladaronse á Calzada das Gándaras coa rúa Serra de Meira, neste punto tiveron que intervir achicando auga na calzada, no inmoble nº 1- 11 onde colaboraron con dous condutores para retirar os turismos do garaxe. Os traballos de achique por parte do equipo de bombeiros remataron ás 10.00 horas. O equipo de atestados da Policía Local levantou atestado dos danos producidos como consecuencia das filtracións, que afectaron ó funcionamento dos ascensores e as paredes e solo do 2ºsoto. Debido á urxente necesidade e para evitar que se volveran a producir anagamentos foron necesario os servizos dunha excavadora e dun camión do Parque Móbil Municipal para retirar a maleza e os residuos que provocaron o taponamento do río Rato na entrada da súa canalización.
Os Axentes da Policía Local tamén foron requeridos na Ronda das Fontiñas, 134 para levantar acta dos danos producidos pola choiva no local comercial sito nos baixos que está dedicado a zapatería.
A Policía Local desprazouse a outros puntos onde se produciron filtracións de escasa consideración.
Por mor da tormenta quedaron sen funcionamento varios cruces semafóricos sendo restablecido o servizo por parte da empresa responsable dos mesmos ás 13.00 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova