Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Protección Civil pecha o verán con 670 horas de vixiancia de bañistas no río


# Xoves, 20/09/2007
As embarcacións do servizo acuático actuaron todos os días da semana dende as 8:30 horas ata as 21:30 horas.

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, explicou hoxe os esforzos efectuados polo Concello de Lugo para atender ó cidadán en materia de vixiancia, rescate e salvamento no río Miño. Rábade aclarou que “no verán reforzouse a actuación coa contratación de traballadores titulados de Salvamento Acuático e que estiveron nas zonas de baño máis concurridas todos os días da semana, incluídos festivos, dende as oito e media da mañá ata as nove e media da tarde ”.

O labor deste equipo, realizado en xullo, agosto e setembro, ofreceu un balance de 13.263 quilómetros percorridos en vehículo todo terreno e 670 horas de navegación.

O Concelleiro indicou que “a seguridade dos bañistas, as pedaletas, as piraguas e as probas deportivas acuáticas foi a prioridade da vixiancia do servizo”.

O control foi exhaustivo nas zonas do río dende o límite de Ombreiro e a EDAR lindando con O Corgo, tanto dende terra como na auga. Neste percorrido retiraron árbores caídos e fixeron limpeza do cauce do río na zona das islas, na ponte nova, ponte vella e a depuradora da auga. O servizo sacou da auga: dous ciclomotores que foran denunciados como sustraídos, unha bicicleta, unha lavadora, unha escopeta de caza de colección, pezas de vehículos, unha máquina expendedora de tabaco e unha furgoneta.



Rábade felicitou ó equipo polo seu excelente traballo e fixo “un chamamento á cidadanía para poñer en valor o noso río e que o ano que ven non teñan que sacar da auga cousas como as que atoparon este ano”.

Dotacións de material

O Concello puso á diposición do dispositivo de salvamento acuático un moderno equipamento para a realización das tareas e, pola súa banda, a Consellería de Traballo subvencionou o salario do equipo.

O Servizo estivo preparado para os rescates con 4 equipos de buceo e de respiración autónoma para a exploración subacuática, así como con traxes de neopreno, jackets e globos de elevación ata 3.000 quilos para o rescate de vehículos.

A atención sanitaria dos cidadáns garantizouse có material especializado: unha padiola flotante, colchón de vacío, botiquín de osíxenoterapia, desfibrilador semiautomático para paradas cardíacas, férulas inchables, botiquíns navais, etc.

Ademais contaron con material de apoio para a vixiancia: unha cámara submarina, prismáticos con compás, cámara dixital, GPS para posicionamento, lanternas submarinas, profundímetros, mirafondos, compás dixital, extintor de 6 quilos, aboias torpedo, bolsas rápidas de rescate e equipos de protección persoal.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova