Imprimir

O PARQUE DA MILAGROSA ACOLLE UN NOVO CONCURSO DE GRAFFITIS


2/1/2007 Terá lugar o mércores e o xoves, a partir das catro da tarde, organizado por Xuventude e Deportes para pintar a pista de skate

Unha vez pechado o prazo de inscrición, un total de 10 grupos participarán mañá, mércores, e o xoves, no certame de exhibición de graffitis no Parque da Milagrosa.

Esta convocatoria está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deportes para implicar aos mozos no diseño do espazo destinado para as pistas de skate. A competición ten previsto arrincar ás catro da tarde.

Con esta inciativa perséguese evitar as típicas pintadas antiésteticas e fóra de lugar, e que os rapaces se conciencien de que os graffitis consensuados coas administracións tamén poden ser artísticos.

Durante a competición, os artistas disporán dun muro cedido polo Concello de 30 metros de longo por un lado e, polo outro, de 15 metros. Unha vez rematados os traballos, o xurado seleccionará os tres mellores, que recibirán os seguintes premios:

1º Premio de 200 euros en metálico
2º Premio de 100 euros en material de pintura
3º Premio de 50 euros en material de pintura.