Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os premios aos gañadores do concurso Na Busca do Tesouro


# Xoves, 04/01/2007


Despois de dous días de intensas probas, e dunha xornada de descanso, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, entregaron hoxe os premios aos grupos gañadores do xogo Na Búsqueda do Tesouro, organizado pola Concellería de Xuventude.

Para a categoría A, (de 14 a 17 anos) foron entregados os seguintes premios aos seguintes grupos:

1º premio, tres consolas wii para Pataru
2º premio, 3 MP4 para Nirvana
3º premio, unha cea en Boccalino para Crazy Girls

Dentro da categoría B (de 18 a 30 anos) quedaron así:

1º premio, unha viaxe a Tenerife para Trío de Ases
2º premio, 3 cámaras de fotos para 100% algodón
3º premio, unha cea no Mesón de Alberto para Alatriste

Ademais, todos os participantes recibiron un vale para libros.

Nesta edición participaron máis dunha treintena de rapazas e rapaces, dos que a maioría participaron no acto de recollida de premios, que se celebrou esta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

O Alcalde felicitou aos gañadores e tamén ao resto de participantes, “polo seu interese e gañas de coñecer esta cidade”.

Como noutras ocasións, a entrega de premios transcorriu nun ambiente distendido no que o tema dos nomes dos grupos e a diferencia entre a cuantía e o valor dos premios foi empregado para intercambiar bromas entre todos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova