Cargando....
Concello de Lugo
15/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Os visitantes de Xuvenlugo 2006 dobran aos do ano pasado


# Luns, 08/01/2007
Entre 350 e 400 persoas visitaron diariamente a carpa de Xuventude da praza Anxo Fernández Gómez

Un total de 19.964 persoas pasaron este ano polo Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para participar na feira Xuvenlugo, máis do dobre que o ano pasado. Así o indicaron hoxe a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e o xerente da Fundación, Rubén López.

Rosana Rielo indicou que "non esperabamos este ano un público tan numeroso, xa que o ano pasado as cifras máis optimistas indicaban que continuaba a crecer o público pero non tanto".

Os organizadores aseguraron que o éxito da convocatoria deste ano non se explica dun xeito técnico pero apuntan a que a incorporación da pista de xeo ás actividades ofertadas este ano significou un empuxe importante.

Así, un total de 6.891 persoas pasaron pola pista, 7.318 participaron no karting e 2.276 na de golf. Tamén, incrementouse o número de grupos vidos doutros concellos da provincia.

O xerente comprometeuse a que o próximo ano Xuvenlugo contará novamente cunha pista de xeo.

Rosana Rielo e Rubén López aseguraron que os tres anos de colaboración con este evento foron moi fructíferos para ofrecer ás nenas e nenos lucenses a posibilidade de ocupar as súas horas de ocio con actividades diversas durante as festas.

Dende a Concellería repartíronse un total de 3.000 entradas entre as ociotecas, os centros sociais e os distintos organismos municipais e da Xunta de Galicia.

CARPA DE NADAL

Por outra banda, a Concelleira fixo unha valoración moi positiva dos resultados obtidos pola carpa da praza Anxo Fernández Gómez.

Esta estivo en funcionamento durante quince días polas tardes ofrecendo un programa de actividades completo e do gusto dos máis xóvenes. Tivo unha media de visitantes de entre 350 e 400, aínda que en horas e días puntuais o número chegou até os 500.

Segundo indicou Rosana, os simuladores, tanto o de ski como o de dianas, tiveron un grande éxito ao igual que as plataformas e as wiis. Engadiu que "este ano até o karaoke mantivo xeralmente varias colas".



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova