Imprimir

PECHA O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA LUGO SOCIAL


7/2/2007 Poranse en marcha tres novos cursos dirixidos a colectivos con problemas de inserción laboral

A Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real, pecha o venres, día 9, o prazo de inscrición para a terceira edición do proceso formativo Lugo Social.

Nesta ocasión serán tres novas liñas de formación sobre paisaxismo e xardinería ornamental, auxiliar de servizos de rehabilitación e carpintería metálica.

Serán un total de 20 prazas para cada un dos cursos. A inscrición para os rezagados pode facerse nas oficinas de Promoción Económica do Concello, na Escola para o Emprego ou no Rexistro.

Como sempre, esta formación está dirixida de forma prioritaria a tres colectivos con problemas de integración laboral, mozas e mozos en risco de exclusión social, mulleres con cargas familiares e inmigrantes.

As primeiras dúas edicións do programa contaron cun importante número de participantes e os resultados foron moi positivos. Espérase o mesmo resultado desta nova convocatoria na que se ofrecen proxectos de emprego para cada un dos beneficiarios. Terán dereito a unha beca de até o 75% do IPREM, o que supón uns 360 euros.