Cargando....
Concello de Lugo
28/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Centro de Empresas e Innovación acolleu a clausura dun curso sobre xestión de patrimonio


# Xoves, 01/03/2007
Foi organizado por unha empresa ubicada no CEI

O Centro de Empresas e Innovación acolleu o mércores pola tarde o acto de clausura do curso "Como xestionar o patrimonio das empresas e das familias" organizado pola empresa Asesores Patrimoniais, creada por xoves emprendedores da cidade.

Este acto contou coa presencia do Presidente da Asociación Nacional de Asesores Financieros (ANAF), Salvador Cerezo Díez, que salientou a importancia da nova directiva europea que servirá para regular o sector da profesión de asesor patrimonial e financieiro. Acompañando ao presidente de ANAF estiveron os codirectores do curso, Ángeles López Cabarcos, por parte da USC, e Daniel Yebra López, director de Asesores Patrimoniais, que fixeron a entrega dos diplomas acreditativos a todos os participantes.

Este curso responde á demanda dos usuarios que buscan manterse informados acerca das ferramentas necesarias para a xestión do seu patrimonio dun xeito eficaz ante os continuos cambios do sistema financieiro.

Entre os obxectivos do curso figuraron :
•Introducir aos alumnos nos conceptos básicos de xestión patrimonial.
•Proporcionar aos profesionais unha sólida formación nas habilidades técnicas, de xuízo e asesoría necesarias para optimizar as relacións cos clientes.
•Determinar dende o coñecemento teórico e práctico da xestión do patrimonio a dobre vertente de inversión e aforro fiscal.
•Dar a coñecer un abano amplo de posibilidades de investimento e aforro para adaptalas posteriormente ao perfil da empresa ou da familia.

Esta acción formativa compúxose dunha parte teórica e dunha parte práctica na que os participantes desenvolveron traballos de 12 horas de duración.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova