Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello abre o proceso de concesión pública da explotación da Fábrica da Luz


# Xoves, 19/04/2007
As obras de rehabilitación do edificio estarán rematadas despois do verán

A Xunta de Goberno Local de onte aprobou o expediente de concesión de obra pública para a explotación e mantemento da minicentral hidroeléctrica da Fábrica da Luz. Así o anunciou hoxe a Concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Eva Real.

Este documento abre o proceso administritivo polo que as empresas poderán presentar os seus proxectos para facerse cargo deste concesión que, como explicou Eva Real, non poderá alongarse máis de 40 anos.

A empresa concesionaria terá como obriga facerse cargo da recuperación dos elementos electromecánicos, tanto do interior como do exterior do edificio. O aproveitamento da enerxía será o beneficio que se extraerá desta concesión.

A Concelleira estima que para a recuperación e posta en funcionamento da minicentral serán necesarios 1.120.000 euros como mínimo.

Por outra banda, o Concello presentou ante a Confederación Hidrográfica do Norte o proxecto de explotación desta minicentral, que permitirá parar o proceso de extinción do dereito de explotación posto en marcha por este organismo pola suspensión de actividade durante estes anos.

Con este mecanismo revertirá o dereito novamente ao Concello, que llo cederá á empresa concesionaria “e que permitirá asegurarnos este dereito, para que non repercuta noutros organismos, senón en todos os lucenses”, explicou Eva Real. Así mesmo, se está a regular a concesión de auga da que é titular o Concello, para poder levar a cabo este proceso público.

A Concelleira explicou que nos últimos estudos advértese que o caudal do río é tres veces superior ao caudal que consta no rexistro, xa que é capaz de procesar 12 litros por segundo.

Segundo explicou a Concelleira, a sorte da minicentral cambiará con este proceso despois de tantos anos e tantos intentos por outras corporacións para poñer en valor a fábrica da luz conxugando os aspectos históricos, os medioambientais e os enerxéticos. O proxecto conta con tres actuacións diferenciadas:

  • A recuperación e posta en funcionamento da Fábrica da Luz, tal e como se acordou mediante concesión.
  • A rehabilitación do edificio
  • Creación dun museo interactivo

As obras de rehabilitación do edificio comezaron xa nesta minicentral e están a cargo aos orzamentos do Concello, en 1.148.852 euros. Eva Real indicou que as obras estarán rematadas nun prazo de 10 meses.

Unha vez rematado este proceso, contratarase o equipamento do museo para o que o Concello conta cunha subvención de 350.000 euros.

Eva Real adiantou que na valoración das empresas para a concesión da explotación darase prioridade aos aproxectos que inclúan melloras técnicas e en especial medioambientais e de protección do contorno.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova