Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Amplíase o prazo de inscrición dos cursos de Monitor e Director de Tempo Libre ata o 27 de febreiro


# Luns, 29/01/2007
Os interesados poden anotarse nas últimas prazas na OIX

O prazo para inscribirse nos cursos de Monitor de Tempo Libre e Director de Tempo Libre, que remataba mañá, amplíase ata o 27 de febreiro para cubrir as derradeiras prazas. Os interesados en matricularse deberán formalizar a súa solicitude na Oficina de Información Xuvenil (OIX), situada no 3º andar do Centro Social uxío Novoneyra.

Estes cursos teñen unha duración de 350 horas (200 teóricas e 150 prácticas) e as clases impartiranse na Escola de Tempo Libre, na rúa Monte Picato. O curso de Monitor de Tempo Libre ofértase en dous horarios distintos: fin de semana ou de luns a xoves. Os dous están case ó completo, só quedan as últimas prazas por cubrir.

O de Director, que é unha das novidades deste ano, celebrarase as fins de semana.

Os tres cursos dispoñen de 25 prazas cada un e son completamente gratuítos. A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo explicou que "case o 100% dos alumnos que fixeron os cursos de monitores con nós xa tiveron algunha experiencia laboral grazas a esta formación. Ademais o Concello conta con eles para as nosas actividades".


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova