Imprimir

CONVOCADO O PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA TEMPORAL DE PRAZAS DE ANIMADOR SOCIOCULTURAL E TRABALLADOR SOCIAL


20/4/2007

O Concello abre mañá, sábado, 21 de abril, o prazo de presentación de documentación para o proceso selectivo de contratación temporal de traballadores sociais e tamén de animadores sociais. O prazo permanecerá aberto até o 30 de abril.

As bases da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios do edificio de Servizos Administrativos do Concello, situado na Ronda da Muralla, 197.