Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata o prazo para inscribirse nos cursos de Maxia e de Linguaxe de signos da Concellería de Xuventude


# Martes, 30/01/2007
Os interesados dispoñen ata este mércores para formalizar a súa solicitude nas oficinas da OIX

O prazo para inscribirse no curso de Maxia e os dous de Linguaxe de signos remata este mércores, ás 20:30 horas. Os interesados en matricularse deberán formalizar a súa solicitude na Oficina de Información a Xuventude, situada no 3º andar do Centro Social Uxío Novoneyra ou na Casa da Música.

Estes tres cursos estrean a nova faceta de formación da Casa da Música que cumpre o cometido de servir de espazo de aprendizaxe para a mocidade lucense. Deste xeito, amplíanse os servizos ofrecidos pola Casa da Música, que ademais acolle os locais de ensaio para os grupos locais.

O curso de Maxia ten unha duración de 20 horas. As clases impartiranse os sábados pola mañá de 11:30 a 13:00 horas entre os días 3 de febreiro e o 28 de abril. Os interesados dispoñen de 20 prazas para participar neste novidoso taller.

Os cursos de Linguaxe de Signos ofértanse en dous horarios e duracións distintos. O curso de Linguaxe de signos de iniciación I impartirase do 5 de febreiro ao 20 de xuño cunha duración de 120 horas. As clases terán lugar os luns e mércores de 18:30 a 21:00 horas e os venres de 17:30 a 20:30 horas. O de Linguaxe de Signos de Iniciación II ten unha duración de 60 horas e impartirase a partir do 6 de febreiro. As clases desenvolveranse os martes e os xoves de 18:30 a 21:00 horas. Estes cursos dispoñen de 15 prazas cada un e son completamente gratuítos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova