Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo de inscrición para o curso do CEI sobre a adaptación á LOPD


# Luns, 30/04/2007
Esta poderá facerse até o día 4 gratuitamente. As clases comezarán o día sete e se celebrarán polas tardes

 Centro de Empresas e Innovación de Lugo acollerá un curso titulado "Cómo adaptar a miña empresa á L.O.P.D". Esta nova acción formativa vai enfocada a universitarios dos ultimos cursos de perfil empresarial e xurídico, e profesionais no ambito da informática e o dereito.

Con este curso preténdese incrementar os coñecementos sobre a lexislación vixente de protección de datos de carácter persoal, e as responsabilidades que se derivan do uso deses datos. Este curso terá o recoñecemento dun credito de libre configuración para todos os estudantes da Universidade de Santiago.

O curso impartirase a partir do próximo 7 de maio, de luns a xoves, en horario de tarde, de 16 a 20,30 horas, nas instalacións do CEI, sitas no Antigo Cuartel de Garabolos, Avda. da Coruña, 490 - 27003 Lugo.

O prazo de inscrición, que é gratuíta, continúa aberto até o 4 de maio. Os interesados poden informarse no número de teléfono 982 264260 e na web do CEI: www.cei.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova