Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza no CEI un curso sobre a adaptación á LOPD


# Luns, 07/05/2007
As clases terán lugar polas tardes até o día 16

O Centro de Empresas e Innovación de Lugo acolle a partir desta tarde un curso titulado "Cómo adaptar a miña empresa á L.O.P.D". Esta nova acción formativa vai enfocada a universitarios dos ultimos cursos de perfil empresarial e xurídico, e profesionais no ambito da informática e o dereito.

Con este curso preténdese incrementar os coñecementos sobre a lexislación vixente de protección de datos de carácter persoal, e as responsabilidades que se derivan do uso deses datos. Terá o recoñecemento dun credito de libre configuración para todos os estudantes da Universidade de Santiago. Está a cargo da empresa de asesores e consultores Travi Asesores, SL.

O curso impartirase de luns a xoves, en horario de tarde, de 16 a 20:30 horas, até o día 16 nas instalacións do CEI, sitas no Antigo Cuartel de Garabolos, Avda. da Coruña, 490 - 27003 Lugo. Actualmente están inscritos unha veintena de persoas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova