Cargando....
Concello de Lugo
17/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O mago René Lavand actúa dentro do programa Xoves con Arte


# Martes, 10/04/2007
As entradas están á venda na Concellería de Xuventude dende o luns

O lexendario mago René Lavand actuará o xoves en Lugo organizado pola Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, dentro do programa Xoves con Arte. Aos seus 72 anos de idade este ilusionista despedirase da súa profesión en Lugo. O espectáculo terá lugar o xoves, día 12, ás 21:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Veterinaria.

As entradas están á venda dende onte e até esta tarde excusivamente para os menores de 30 anos. Os días 11 e 12 poderán ser adquiridas polo público en xeral. Para mercalas os interesados poden achegarse á Oficina de Información Xuvenil, situada no 3º andar do Centro Social Uxío Novoneyra, en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 20:30 horas.

O mago René Lavand é un ilusionista arxentino coñecido en todo o mundo polos seus trucos de cartomaxia. Adquiriu fama mundial pola súa habilidade, pois é o único mago do mundo que fai cunha man o que os outros fan con dúas. Está considerado un gran mestre da ilusión por magos de recoñecido prestixio como David Copperfield ou Juan Tamariz.

Esta é a terceira cita desta edición de Xoves con Arte, que se estrenou o pasado 1 de febreiro cun espectáculo de catro monologuistas totalmente gratuíto e que contou cunha participación do público de 622 espectadores (de 650 entradas disponibles).

A segunda cita consistiu na representación do musical "Te quiero, eres perfecto… ya te cambiaré", unha obra con máis de trinta anos en cartel en Broadway, o día 1 de marzo. Nesta ocasión as entradas venderonse ao prezo de 5 euros e tivo un gran éxito de público con preto de 600 espectadores.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova