Imprimir

PECHA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE TRABALLOS PARA O CERTAME LUCUS AUGUSTI


12/4/2007 Está organizado pola Concellería de Xuventude para as categorías de relato curto, poesía, fotografía e pintura

A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, pecha mañá, venres, o prazo de presentación de traballos para esta quinta edición do Certame Lucus Augusti. Este premio creouse coa intención de dar unha oportunidade aos xoves creadores para amosar o seu arte e servir de trampolín profesional.

Como nas edicións anteriores, o certame establece catro modalidades de participación: poesía, fotografía, pintura e relatos curtos. Para as catro modalidades artísticas a temática é libre e o requisito común en todas é que as obras deben ser inéditas e de creación propia.

Este ano a principal novidade é o aumento do orzamento destinado a premios até 3.000 euros. Este é un estímulo para que os mozos poñan en práctica o seu talento.

Asimesmo, distínguense dúas categorías de idade. Na primeira ou A englóbanse os mozos nacidos entre o 14 de abril de 1989 e o 31 de decembro de 1992. Na categoría B inclúense os nacidos entre o 1 de xaneiro de 1976 e o 13 de abril de 1989.

As obras poderán ser enviadas até mañá por correo certificado e mensaxería ou entregadas personalmente na Oficina de Información Xuvenil (OIX), situada no Centro Social Uxío Novoneyra. Para máis información pódense consultar as bases na OIX en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas ou na web www.lugo.es.