Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Obradoiros de cociña e sobre o Arde Lucus son as novidades do programa de ocio alternativo Elixe a túa Noite


# Venres, 13/04/2007
Esta nova edición prolongarase até o 23 de xuño

As Concellerías de Xuventude e Deporte arrincan esta tarde unha nova edición do programa de ocio alternativo Elixe a túa Noite, que se prolongará até o 23 de xuño.

O programa elaborado para esta edición segue a mesma liña das convocatorias anteriores con actividades nas tardes e noites dos sábados e domingos. Novamente os lugares escollidos para estas actividades son as instalacións deportivas de Frigsa e As Pedreiras e tamén as da Casa da Música.

As novidades deste ano máis destacadas son na Casa da Música onde comezará os venres o obradoiro para o Arde Lucus e tamén haberá Artesanía de Marcio. O sábado estará dedicado á cociña con distintos obradoiros, primeiro de cociña e despois de postres.

Seguirán tamén as actividades de máis demanda como a capoeira, que se imparte tanto en Frigsa como nas Pedreiras; ioga, xinmasia na auga, e os xogos de enseño e de consolas que comezaron a pasada edición. O baile e Internet seguen a ser as actividades máis solicitadas e con máis antigüidade.

No apartado deportivo seguirán a celebrarse as actividades con máis participación no mesmo calendario que na pasada edición. Mantense como novidades o boxeo no polideportivo do Palomar, os venres ás oito da tarde; e o tiro con arco, os sábados ás once nas instalacións de Frigsa. Continuará tamén a actividade de tai-chi no Centro Social Uxío Novoneyra, os sábados de sete a nove.

Ademais, a liguilla de tenis de mesa segue en marcha e a finais do mes de xuño se celebrarán varias actividades de fútbol nas instalacións do novo pavillón polideportivo de Frigsa.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova