Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O curso de curtametraxes remata esta fin de semana cunha rodaxe polas rúas de Lugo


# Xoves, 03/05/2007
Os vinte alumnos participantes porán en práctica as técnicas cinematográficas aprendidas

O curso de curtametraxes organizado pola Concellería de Xuventude remata esta fin de semana cunha rodaxe dun filme. Este curso de formación comezou o pasado mes de marzo e as clases desenvolvéronse na Casa da Música todos os venres pola tarde.

Para rematalo os vinte alumnos participantes realizarán esta fin de semana a parte práctica da seu aprendizaxe coa rodaxe dunha curtametraxe polas rúas do centro histórico da cidade. Como colofón, terán que amosar as súas capacidades técnicas e artísticas neste exercicio práctico, para o que contarán coa colaboración solidaria de profesionais do mundo do cine de recoñecido prestixio en varios festivais de curtas e de varias empresas da cidade.

Este curso tivo unha duración de 32 horas durante as que se impartiu a parte teórica, na que recibiron formación das técnicas cinematográficas. Os alumnos tiveron a oportunidade de aprender sobre a creación de guións, manexo da linguaxe narrativa ou tipoloxía de planos.

Ao longo deste sábado e domingo porán en práctica as técnicas cinematográficas aprendidas facéndose cargo da dirección, da produción, do guión e da parte técnica deste traballo en equipo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova