Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Amplíase o horario dos obradoiros de confección de traxes para o Arde Lucus


# Venres, 11/05/2007
Serán na Casa da Música todos os sábados pola mañá e de luns a venres pola tarde

A Casa da Música continúa cos seus obradoiros de confección de traxes para a festa do Arde Lucus, que este ano chega á súa sexta edición, e que se celebrará a fin de semana do 8 ao 10 de xuño. Como en anos anteriores, os obradoiros están organizados pola Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo.

Dende o luns o harario amplíase de luns a venres entre as sete e as nove. O sábados manterase o horario de once e media a unha e media. O horario ampliarase novamente de seis a nove a partir do 28 de maio e até rematar o taller.

Como en etapas anteriores, hai dúas costureiras e unha monitora no transcurso destes talleres, que son totalmente gratuítos e non necesitan inscrición previa.

Estes obradoiros contan todos os anos con numerosos participantes de todas as idades, que confeccionan os traxes que van levar durante os tres días de festa. De feito, o ano pasado pasaron por estes cursos unhas 2.200 persoas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova