Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo para participar no Concurso de Fotografía e Vídeo con teléfono móbil promovido por Lugo Social


# Luns, 18/06/2007
Os traballos poderán presentarse entre o 18 de xuño e o 31 de agosto

Os interesados en participar no Concurso de Fotografía e Vídeo con Teléfono Móbil, promovido dentro do programa Lugo Social, xa poden presentar os traballos a partir de hoxe, día 18 de xuño, e ata o día 31 de agosto.

Este certame, organizado pola Concellería de Promoción Económica e Emprego, está orientado a promover o uso responsable e creativo deste intrumento de comunicación entre a xuventude e amosar a utilidade deste aparello para difundir valores de defensa da igualdade, da interculturalidade e contra o racismo e a xenofobia.

O concurso está dirigido a mozos de entre 16 e 25 anos e a temática versará sobre a igualdade entre homes e mulleres e a interculturalidade e contra o racismo e a xenofobia.

As bases contemplan a participación nas dúas categorías propostas (fotografía e vídeo). Os traballos teñen que realizarse co teléfono móbil e non deben exceder os 30 de segundos de duración.

As obras poden presentarse na oficina da Axencia de Desenvolvemento Local, situadas na Casa Consistorial, ou ben a través da páxina web municipal, onde se pode atopar información complementaria.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova