Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Censo de Grupos Musicais da Concellería de Xuventude conta con 48 conxuntos inscritos


# Domingo, 05/08/2007
Un total de 198 persoas anotáronse nas listas para ensaiar nas instalacións da Casa da música no último ano

Son moitos os grupos musicais lucenses que dende a apertura da “Casa da Música”, en setembro do 2006, pasaron polos seus locais de ensaio. Un total de 48 conxuntos encóntranse inscritos no “Censo de grupos musicais” da Concellería de Xuventude, requisito obrigado para poder disfrutar das instalacións do centro.

Todos os ritmos teñen cabida na Casa da Música e son unha boa mostra da variedade musical da cidade. Nos últimos dez meses ensairaron nela grupos de Pop-Rock, Hip-Hop, Latin Jazz, Heavy Metal, música electrónica ou experimental.

Non hai ningún límite de idade para aceder ás instalacións. O usuario máis pequeno ten 10 anos e o de maior idade 63, aínda que a maioría dos músicos inscritos teñen entre 17 e 30 anos.

Cada 6 meses elíxense por sorteo os 12 grupos musicais que poden acceder aos locais de ensaio durante 6 horas semanais, repartidas en espazos de dúas horas tres días a semana ou dous días a semana tres horas cada día. Para poder disfrutar destes servizos, cada grupo debe aboar ao comezo do semestre unha fianza de 100 euros, que é reembolsada no caso de non producirse ningún desperfecto unha vez concluido ese prazo.

A información necesaria para poder acceder aos locais de ensaio da “Casa da música” facilítase no teléfono 982284814 ou na Oficina de Información Xuvenil situada no Centro Social Uxío Novoneyra (3º andar).



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova