Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O martes 14 de agosto remata o prazo de inscripción para o Muralla, Rock y motos


# Venres, 10/08/2007
A edición deste ano celebrarase os días 14 e 15 de setembro

O vindeiro martes 14 de agosto remata o prazo para a inscripción dos grupos de música que queiran participar no Muralla, Rock y motos organizado pola Concellería de Xuventude. Os interesados aínda poden apuntarse na Casa da Música, na web municipal e no 010.

Os horarios para inscribirse na Casa da Música, situada no Parque da Milagrosa, é: os luns das 18:00 ás 21:00 horas; martes, mércores e xoves de 18:00 a 23:00; venres e sábados de 16:00 a 23:00 e os domingos das 18:00 ás 24:00 horas.

A edición do festival deste ano celebrarase a fin de semana do 14 e 15 de setembro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova