Imprimir

O CONCELLO DE LUGO FORMARÁ ÓS DESEMPREGADOS EN NOVOS SECTORES LABORAIS


4/9/2007 A Concellería de Emprego pretende que os traballadores lucenses estén ó día das novas ferramentas de traballo

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentaron hoxe os cursos formativos que dende o Concello de Lugo se ofrecen ós lucenses desempregados.

Como indicou a Concelleira de Economía, o Concello está a traballar para poder competir cuns recursos humanos ben preparados e non por salarios baixos. Méndez afirmou que, "dende o Goberno Local queremos fomentar ademais a presenza das mulleres naquelas profesións socialmente masculinizadas e ás que as mulleres temos máis dificultades de acceso, como ós postos directivos das empresas".

Segundo explicou a titular de Emprego, o Concello ambiciona unha economía lucense competitiva por ter os profesionais mellor preparados. Por iso, nesta nova etapa de traballo, as novas tecnoloxías terán un papel protagonista nas accións formativas que se impartirán no CEI. "Queremos que todos os lucenses teñan acceso e coñezan as novas ferramentas de traballo que moven unha parte moi importante do mercado laboral hoxe en día e non perdan oportunidades por carecer dunha formación adecuada no campo das novas tecnoloxías" , indicou Méndez.

Precisamente este coñecemento é fundamental para traballar nos sectores económicos que xurdiron nos últimos anos. Estos sectores xeran un amplo abano de novas ocupacións e novas oportunidades de emprego e de negocios.
Trátase de dar respostas ás transformacións que, nas últimas décadas, se produciron no mundo laboral como consecuencia da:
- incorporación crecente de novas tecnoloxías,
- do novo papel da muller no mercado de traballo,
- dos avances científicos,
- da cada vez máis difundida conciencia medioambiental,
- das novas necesidades das persoas e as empresas…

"Dende o Concello de Lugo tratamos de detectar e divulgar os cambios no mundo do traballo e orientar e capacitar as persoas con inquedanzas profesionales en todo o que se refire ás novas oportunidades de emprego e ós sectores económicos emerxentes" indicou a Concelleira de Emprego.

O Goberno Local ten moi claro que debe proporcionar máis e mellores oportunidades para todos os cidadáns e, por iso, recurrimos ó Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (FIP)l desenvolvido desde a Consellería de Traballo, no cal se inclúen as accións formativas que teñen por obxecto proporcionarlles ós traballadores desempregados as cualificacións requiridas polo sistema produtivo.



Cursos de formación

TÉCNICO EN SEGURIDADE AGROALIMENTARIA E SISTEMAS DE AUTOCONTROL.- A preocupación dos consumidores en relación coa seguridade dos alimentos vai aumento, polos diversos casos de alarmas alimentarias ocorridos non só en España, senón en diferentes países da UE. Todo isto provocou unha demanda, tanto dos sectores productivos como das Administracións competentes, maiores e mais eficaces controles para garantir a seguridade en toda a cadea alimentaria.

Cada vez mais empresas están implantando Sistemas de Xestión Medioambientais e da Calidade, conscientes dos seus beneficios. Pero no caso específico que nos ocupa, na Industria Agroalimentaria, cómpre dar un paso mais na integración dos Sistemas de Xestión Medioambiental e de aseguramento da Calidade, integrando tamén os mencionados sistemas para a Certificación da Seguridade Alimentaria.

Data de Inicio Data de Remate Duración
17 de setembro de 2007 28 de decembro de 2007 350 horas


Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.



AXENTE DE INNOVACIÓN.- Faise necesario realizar un esforzo inversor en I+D+i nas empresas galegas e, para eso deben contar con persoal capacitado que inicie, xestione e leve ó éxito este proceso. Este é o cometido dun axente de innovación, que posúa coñecementos suficientes do que é a innovación, de cómo se pode chegar a ela a través da adquisición de tecnoloxía ou de patentes, ou ben a través do desenvolvemento de proxectos de I+D. O axente de innovación igualmente debe estar preparado para afrontar o reto da protección dos resultados obtidos no transcurso de proxectos de investigación e incluso a posibilidade de xerar novas empresas de base tecnolóxica, así como coñecer moi ben as fontes de financiación tanto pública (subvencións, préstamos) como privada (capital risco, etc.), que pode servir de apoio ós procesos de innovación na empresa.

Este curso está recoñecido para poder ser imputado como créditos de libre configuración curricular a todos os alumnos da Universidade de Santiago de Compostela, cunha equivalencia de 6 créditos.

Data de Inicio Data de Remate Duración
8 de outubro de 2007 4 de decembro de
2007
200 horas


Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.


HABILIDADES DIRECTIVAS E TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN.- As mulleres están menos representadas nos altos escalos da vida profesional do que lles correspondería por demografía e cualificación. Ata agora nos altos postos directivos e nos Consellos de Administración das empresas é escasa a presenza de mulleres.

A recente Lei 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes afronta a participación das mulleres nos Consellos de Administración das sociedades mercantís, impulsando a presenza equilibrada de mulleres e homes nestes consellos.

Esta é unha acción formativa dirixida exclusivamente a mulleres e preténdese que as alumnas adquiran as habilidades necesarias para desempeñar postos de dirección e administración de empresas ou entidades
Esta acción formativa é a continuación do curso desenvolvido no ano 2006, e atópase incluída nas liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres, segundo convocatoria do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. Ten por destinatarias mulleres inscritas como demandantes de emprego en calquera oficina do servizo público de emprego. Como é lóxico teñen preferencia para facelo as mulleres que xa participaron na primeira parte do curso.

Data de Inicio Data de Remate Duración
15 de outubro de 2007 8 de novembro de
2007
200 horas


Horario: De 16:00 a 21:00 horas, de luns a venres.


EXPERTO EN SOFTWARE OFIMÁTICO LIBRE.- De todas as aplicacións informáticas que temos no mercado, a que máis se utiliza, e con moita diferencia sobre as demais son as ferramentas ofimáticas, de xeito que en case tódolos ordenadores está instalada algunha suite de este tipo.

Por outra banda son innumerables os postos de traballo nos que se require o dominio deste tipo de programas para poder desenvolve-lo mesmo. Habitualmente a suite que máis se utiliza, e que máis se solicita á hora de cubrir unha oferta de traballo é Microsoft Office. Pois ben, co pulo que está tomando na nosa sociedade a utilización de software libre, son cada vez máis as empresas, e mesmo a administración as que solicitan o coñecemento de OpenOffice, que é a alternativa gratuíta á aplicación de Microsoft.

Este curso está recoñecido para poder ser imputado como créditos de libre configuración curricular a todos os alumnos da Universidade de Santiago de Compostela, cunha equivalencia de 6 créditos.

Data de Inicio Data de Remate Duración
17 de setembro de 2007 14 de decembro de 2007 350 horas


Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.


CURSO DE FORMACIÓN DE FORMADORES SOCIODIGITALES.- Ten como obxectivo principal capacitar e formar a un grupo de personas como axentes de dinamización social que, a través da formación tecnológica, se convertan en Formadores Sociodixitais, que recibirán una formación adaptada y con amplos coñecementos en diversos ámbitos profesionais. Esta formación permitiralles realizar traballos en telecentros e Centros de Formación en Novas Tecnoloxías e Sociedade da Información do municipio de Lugo.

Data de Inicio Data de Remate Duración
15 de setembro de 2007 Decembro de 2007 300 horas


Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.