Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle o 27 e 28 de setembro unhas xornadas sobre a calidade socio-laboral e a igualdade de oportunidades


# Venres, 21/09/2007
A actividade está enmarcada dentro do Proxecto Lugo Social

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentaron as xornadas transnacionais Muller, emprego e calidade social que se celebrarán en Lugo os días 27 e 28 de setembro. Esta actividade encóntrase enmarcada no Proxecto Lugo Social da Iniciativa Comunitaria Equal, para a inserción laboral das persoas que teñen maiores dificultades de acceso ó mercado laboral.

Basadre recordou que a Iniciativa Equal ten unha dimensión transnacional na que proxectos de distintos paises da Unión Europea intercambian as súas experiencias e boas prácticas na temática da inserción socio-laboral e da igualdade de oportunidades. Por iso, nesta ocasión, “o proxecto Lugo Social ten contará coa presenza dos seus socios transnacionais ós proxectos Syglisis de Grecia, e Rayando la igualdad do Concello de Trabanca (Salamanca), que participarán en Lugo nestas xornadas”.

A Concelleira de emprego explicou que “estas xornadas servirán para dar a coñecer o traballo que os distintos proxectos realizan no eido da igualdade e o emprego nos territorios nos que se implementan”. Ademais, realizarase un achegamento a unha temática que está a despertar un grande interese nas empresas e administracións públicas: a Calidade social e a Responsabilidade social corporativa.

O salón de actos do Centro de Empresas e Innovación acollerá as xornadas nas que participarán, entre outros, Jose Luís Pascual Criado, Presidente da ADPIO Rayando la igualdad; a relatora do proxecto Syglisis Eva K. Xidopoulou; Paula Gamazo, coordinadora xeral de Lugo Social ou Manuel Martínez , profesor da Área de Organización de Empresas da Universidade da Coruña.

José Carlos Méndez Vázquez, técnico da área de responsibidade social de Caixa Galicia, expondrá, ás empresas que asistan ás xornadas, a experiencia dunha empresa como a súa no ámbito da responsabilidade social corporativa.

As xornadas serán clausuradas coa intervención do Conselleiro da Subdirección Xeral de Relacións Sociais Internacionais do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, Vicente Pérez Menayo.

Coeses exemplo de empresa social

A Concelleira de Servizos Sociais destacou a participación nas xornadas das representantes da Asociación veciñal e xuvenil “O Castro” de Coeses. Unha agrupación que realiza unha importante activiade social: facilitan un lugar de reunión Para os maiores e os rapaces da parroquia, contan co seu telecentro, fan comidas, etc. Basadre indicou que “dende o Concello apoianse estas iniciativas porque que a muller ten un potencial moi importante que ainda hai que descubrir”.

As inscripcións realizaranse a través da dirección de e-mail: promocioneconomicaarrobaconcellodelugo.org ou do número de fax 982 206 222.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova