Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello impartirá cursos de TIC e medio ambiente ós empresarios do CEAO


# Luns, 24/09/2007
A Concelleira de Economía e Emprego anunciou a mellora da sinalización do polígono

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentou hoxe a proposta das actividades formativas do Proxecto Parque para directivos e xerentes do polígono do CEAO.

Como explicou a Concelleira, son cursos elaborados conxuntamente entre a Universidade de Santiago de Compostela (entidade encargada de impartilos) e os empresarios do CEAO. Na súa confección atendeuse tamén a un estudo de necesidades formativas elaborado pola Fundación Caixanova sobre o máximo aproveitamento das novas tecnoloxías por parte das empresas. “Por iso, boa parte dos cursos destínanse a explicar ós empresarios como as TIC poden ser de utilidade para os seus negocios, tanto o blog, como a xestión de contidos, xestores de relación con clientes, firma dixital e administración electrónica, etc”.

Ademais, atendendo ás peticións das empresas, preparánronse un conxunto de accións formativas relacionadas co medio ambiente e a sostenibilidade. Serán obradoiros sobre o tratamento e xestión de residuos, vertidos e emisións para Pymes, o cumprimento da normativa municipal, etc.

Méndez indicou que son cursos que contan cun horario adecuado para os empresarios, de 19:00 á 21:00 horas a partir do 15 de outubro.

Por outra banda, a Concelleira fixo balance das actuacións que se están levando a cabo dentro do Proxecto Parque e que estarán rematadas o 31 de decembro: a instalación de videovixilancia e da rede Wimax que xa están en fase de contratación.

Mendez anunciou que “recentemente chegamos ó acordo coa Asociación de Empresarios do CEAO de mellorar a sinalización do polígono e, por iso, engadiremos dous paneis informativos con planos para facilitar a ubicación das empresas ós dous puntos de información xa previstos no Proxecto Parque”.

Tamén mellorará a sinalización za zona coa instalación de sinais que indiquen os nomes das rúas e de a dirección de circulación das vías.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova