Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de cinco mil rockeiros asistiron ao espectáculo de decibelios e cilindrada do II Muralla Rock & Motos


# Luns, 17/09/2007
Os preparativos para o vindeiro festival xa están en marcha

A segunda edición do Muralla Rock & Motos despediuse a madrugada do pasado domingo, día 16 de setembro, tras as actuacións de 19 grupos e unha concentración moteira internacional. O festival caracterizouse polo extraordinario ambiente e transcurriu sen ningunha incidencia.

Os máis de cinco mil rockeiros que asistiron ao festival proviñan de distintos puntos de España -como Alicante, Zaragoza, Tarragona, Bilbao, Madrid- e de toda Galicia. O festival tamén acadou unha repercusión internacional notable ao concentrar público alemán, portugués e italiano. Sobre todo o sábado, día no que se celebrou a concentración moteira e contou coa presencia duns 90 motoristas.

Os moteiros ofrecéronlle aos lucenses un espectáculo de marcas, modelos e cilindradas de todos os tipos cun desfile polas rúas da cidade que tivo lugar na tardiña do sábado. A concentración culminou co acto de irmanamento do Festival co Gremiun Motorcycle Club Europe.

Como dato curioso destaca o gran número de bocadillos que se consumiron durante o festival, superando os 5.000 na sesión do sábado. O bo tempo acompañou esta celebración e permitiu a instalación de preto de cen tendas de campaña.

Os nove monitores do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencia realizaron 213 tests de alcoholemia e repartiron 190 botellíns de auga. Ademais, repartiron máis de 200 folletos informativos sobre o consumo de alcohol e cannabis. Unha das actuacións que máis aceptación tiveron foron os xogos coas lentes de simulación, que sirven para experimentar os efectos que provoca o alcohol na percepción sensorial (visión nubosa e distorsionada). Os participantes puxeron a proba as súas capacidades intentando abrir unha pechadura e camiñar en liña recta cos lentes postos.

A Concellería de Xuventude xa empezou a traballar na edición do ano que vén, que se celebrará a segunda fin de semana de setembro. Esta fecha establecerase como fixa para que se convirta no acontecemento de despedida de verán na cidade.

O éxito desta edición confirma a consolidación deste festival e a asistencia dun público de todas partes de España e de distintos países europeos o converten nun referente dentro do calendario de festivais de música da Península.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova