Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza cursos para colectivos con dificultades de inserción laboral


# Mércores, 03/10/2007
90 desempregados beneficiaranse dos cursos

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentaron a programación de cursos para colectivos con dificultades de inservión laboral encadrados os programas Lugo Social e Lugo Cidade Próxima para o último trimestre de 2007.

Méndez indicou que “estes cursos prógramanse por ser especialidades nas que se precisan persoas formadas con vistas a súa inserción laboral, preferentemente en oficios”. Completan a programación de cursos do Concello presentados recentemente para desempregados en novos nichos de emprego, seminarios de perfil empresarial e conferencias do Proxecto Parque para empresarios e traballadores do Polígono do Ceao. Son un total de 5 cursos, dos que se beneficiarán 90 persoas, que sumados ós anteriores, dan un total de 25 accións formativas que impartirá o Concello neste último trimestre de 2007, o que demostra a aposta que este equipo de goberno fai pola formación.

A Concelleira de Emprego expolicou que “os que presentamos hoxe son especificamente para os que mais dificultades teñen para acceder ó mercado laboral: persoas con discapacidade, inmigrantes, minorías étnicas, mozos con fracaso escolar…” Existirá a posibilidade de que as persoas beneficiarias poidan presentarse ás convocatorias da Consellería de traballo para obter o certificado profesional.

Impartiranse ademais das materias propias dos oficios, os módulos complementarios de novas tecnoloxías e informática; orientación laboral; sensibilización medioambiental; igualdade de oportunidades; prevención de riscos laborais.

Cursos de formación

Méndez explicou que os cursos dirixidos a persoas con dificultades de inserción laboral responden ás necesidades de persoal das empresas de Lugo e contan cunha beca de 374,40 euros.


- Curso de operarias de fábrica de mobles de cociña (Programa Lugo Social): Este curso está dirixido a mulleres, por tratarse dunha profesión na que se atopan subrepresentadas e xa conta con varias empresas interesadas. Ten unha duración de 200 horas e comeza o 2 de novembro. Hay 25 prazas e xa está aberto o prazo de inscripción.

-Curso de xardinería (Lugo Cidade Próxima).- Ten unha duración de 530 horas, das que 325 serán de prácticas. O prazo de inscripción comeza o 8 de outubro e haberá 15 prazas.

- Traballador forestal (Lugo Cidade Próxima).- Terá unha duración de 340 horas das que 190 serán prácticas. Haberá 15 prazas e o prazo de inscripción comeza o 8 de outubro.

Cursos para profesionais
Pola súa banda a Concelleira de Educación presentou os cursos para profesionais que traballan con persoas en risco de exclusión:

- Metodoloxía para a docencia de colectivos en risco de exclusión social.- No marco do proxecto “Lugo Social” da Iniciativa Comunitaria Equal, dirixido á inserción laboral das persoas que teñen maiores dificultades de acceso ó emprego se realizan accións de formación en distintas ramas e oficios profesionais para mellorar e favorecer á empregabilidade dos colectivos de referencia.

Vieiro indicou que “ó longo do periodo de implementación do proxecto, estamos observando que algúns docentes, especialistas nas diferentes ramas, con independencia de su formación especiífica sobre a materia a impartir , descoñecen as diferentes características e problemáticas que inciden sobre os beneficiarios/as do programa, e cómo se poden abordar as mesmas, o que nalgúns casos pode convertirse en unha barrera para facer chegar de modo adecuado tanto as ensinanzas como a filosofía de inserción socio laboral propia deste tipo de proxectos”.

Por esta razón dende o Concello considerouse necesario realizar un curso de formación sobre “Metodoloxía para á docencia de colectivos en risco de exclusión social” dirixido a docentes e técnicos en distintas ramas de oficios que poidan impartir cursos programados nos distintos proxectos de inserción socio laboral de persoas con especiais dificultades de acceso ó emprego.

O curso que comezará en novembro, terá unha duración de 100 horas e 20 prazas.

-Monitor/a de apoio escolar( Lugo Cidade Próxima).- Dirixido a profesionais do ámbito socioeducativo desempregados; mulleres desempregadas en xeral, desempregados menores de 25 ou maiores de 45, desempregados de longa duración.
A Concelleira indicou que “é un dos posible nichos de emprego na actualidade, é dicir, unha profesión de futuro e estamos moi ilusionados con él”.

O curso proporcionará os recursos necesarios para que estes profesionais den unha resposta e solucións ó fracaso escolar: resolución de conflictos, mediación social,etc.

Terá unha duración de 350 horas, 15 prazas e unha beca de 374,40 euros. O prazo de inscripción ábrese o día 8 de outubro.

Recollida de impresos: Escola de Emprego na Avenida da Coruña 177, na Oficina de Desenvolvemento Local da Praza Maior e no 010.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova