Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As asesorías do Concello de Lugo atenderon as consultas de 166 persoas no primeiro semestre do ano


# Martes, 18/09/2007
A asesoría de estudos e laboral foi a que máis dúbidas resolveu dende xaneiro

A Concelleira Xuventude, Carmen basadre, fixo balance dos primeiros seis meses do ano no servizo de información e asesoramento sexual, de estudos, laboral e xurídico que pon a disposición de todos os lucenses a súa Concellería e que atenderon a un total de 166 persoas.

A asesoría que máis demandas rexistrou foi a de estudos e laboral cun total de 92 consultas, das que 60 foron por temas laborais e 32 sobre estudos. Destas últimas a maioría eran relativas ás becas e cursos para estudar idiomas no estranxeiro e sobre o acceso á universidade.

Na asesoría xurídica rexistráronse de enero a xuño 40 consultas, 20 de homes e 20 de mulleres. O tema das consultas foi moi variado, destacando sobretodo as consultas sobre cuestións civís (asuntos derivados das herdanzas, comunidades de propietarios, arrendamentos e derivados dos impagos) e administrativas (constitución de novas empresas e sobre a vivenda), xa que supoñen case o 70% do total do asesoramento realizado polo avogado do servizo.

A asesoría sexual tivo un total de 34 consultas, das que un 76% foron mulleres e un 24 % homes. Hai que destacar que a maioría das consultas corresponderon ó grupo de idade comprendido entre os 14 e os 18 anos (un 40%). En canto o tipo de preguntas, moitas versaron sobre os métodos anticonceptivos (naturais, de barreira e hormonais), as enfermidades de transmisión sexual (sobretodo o SIDA e o virus do VIH, segidas polo virus do papiloma humano). As consultas sobre as E.T.S. aumentaron en relación co ano anterior, o que demostra unha maior concienciación social e a importante labor de información que se está a facer por parte dos medios sanitarios.

A atención psicolóxica

A Concelleira de Xuventude anunciou que co curso que comeza ponse en funcionamento unha nova asesoría: a asesoría psicolóxica. O obxectivo deste novo servizo é axudar ós mozos lucenses cos seus problemas persoais e familiares, xa que dende o Concello tense moi en conta que cada día máis persoas padecen problemas e necesitan axuda para resolvelos. "Nos últimos tempos aumentou o número de persoas afectadas polo estrés, a depresión e a ansiedade, así que vimos a necesidade e a utilidade de ofrecer un tratamento psicológico gratuíto cunha atención persoal e presencial dun profesional".

Problemas habituais que se tratarán na nova asesoría psicolóxica:

- Inseguridade e baixa autoestima
- Problemas de relación persoal
- Problemas sexuais
- Problemas da conduta alimentaria
- Problemas do soño
- Depresión e ansiedade
- Problemas da terceira idade (illamento, incomunicación e tristeza).

Todas as asesorías da Concellería de Xuventude son gratuítas e garanten a confidencialidade e o anonimato. Para unha mellor atención é recomendable chamar para pedir unha cita previa nas asesorías ubicadas no centro social Uxío Novoneira, na Oficina de Información Xuvenil: 982284814, ou a través do 010.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova