Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora coa Semana de Benvida da Universidade


# Martes, 09/10/2007
O obxectivo é estreitar lazos entre o Campus e a cidade

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, asistiu á presentación da Semana de Benvida organizada polo colectivo Lugocultural. Do 15 ao 19 de outubro pretenden estreitar lazos entre o Campus Universitario e a cidade de Lugo a través dunha serie de actividades como actuacións de teatro, danza, concertos ou exposicións.

A Concelleira destacou “o extraordinario exemplo de coordinación entre as institucións que conforman Lugocultural”. Méndez expresou a sua satisfacción por colaborar con actividades como a Semana de Benvida para que a poboación universitaria se achegue á cidade dende o primeiro momento.

O Concello colaborará coa organización de visitas ós lugares máis caracteristicos da cidade: a Muralla Romana, a Casa dos Mosaicos, o Museo Arqueolóxico e Porta Miñá, entre outros.

O programa comeza o uns 15 coa exposición fotográfica: Trala pantalla Asturias e o cine, e rematará o venres 19 cun maratón de cine que inclúe as curtametraxes da Sección Oficial e a película gañadora da XXIX Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova