Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde presenta o proxecto de urbanización da zona de Abella


# Martes, 23/01/2007
Será o mércores, ás oito, no instituto Leiras Pulpeiro

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, presentarán mañá, mércores, o proxecto de urbanización da zona de Abella e Frimisa, que contempla unha solución e un aproveitamento dos preto de 200.000 metros cadrados dos que dipoñían estas factorías abandoadas.

O proxecto presentarase públicamente a veciños e interesados e contempla a construcción de vivendas da iniciativa privada de diferentes tamaños, zonas verdes, dotacións deportivas e sociais e novos viais.

Representantes de todos os organismos implicados neste proxecto asistirán a esta presentación, que terá lugar ás oito da tarde no Instituto Leiras Pulpeiro. Así, estarán presentes representantes tamén de Construccións Pedrouzo, Inversiones Abuín, e Asogal.

Durante a presentación exporanse as particularidades deste proxecto, que estará marcado pola construcción dun grande centro comercial e dividido en dous polígonos en forma de mazá pechada. Poderá contemplarse mañá en varias maquetas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova