Imprimir

PRESENTADO AOS VECIÑOS O PROXECTO DE URBANIZACIÓN DA ZONA DE ABELLA


24/1/2007 Un centro comercial, 35.000 metros cadrados de zona verde, a apertura de novas rúas e dotacións deportivas e sociais conforman este plan de construcción

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, participaron na presentación do proxecto de urbanización da zona de Abella e Frimisa, que contempla unha solución e un aproveitamento dos preto de 200.000 metros cadrados dos que dipoñían estas factorías abandoadas e que se atopaban en estado ruinoso.

O proxecto que se presenta é innovador en relación ao deseño do resto da cidade, con bloques de diferentes alturas que ofertarán apartamentos e pisos de dous e tres habituacións.

A zona disporá de novas rúas que comunicarán esta mazá co resto do barrio, o que suporá romper coa estrutura actual, que supoñía un impedimento ao desenvolvemento do entorno.

O edificios estarán rodeados de 35.000 metros cadrados de zona verde, con parques infantís e zonas de esparcemento. Ademais, as propias rúas serán dun ancho similiar aos 23 metros, o que permitirá facer medianeiras con zona verde.

Todo o contorno contará con diferentes servizos dotacionais, con instalacións deportivas e tamén a construcción dun centro social. Todo isto estará complementado coa construcción dun centro comercial contemplado urbanísticamente dentro do proxecto.

Representantes de Construccións Pedrouzo, Inversiones Abuín e de Asogal participaron nesta primeira exposición, na que o proxecto poido contemplarse nunha maqueta detallando o futuro inmediato da zona.