Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Cei acolleu unha conferencia sobre os tipos de financiamento para os emprendedores


# Venres, 09/11/2007
Os asistentes coñeceron de primeira man as sociedades de capital de risco

ncellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, organizou no Centro de Empresas e Innovacións (CEI-NODUS) unha conferencia sobre o financiamento das empresas e como financiar as actividades innovadoras. Nesta xornada participaron Daniel Yebra (asesor patrimonial) David Calvo (representante de Unirisco) e o empresario Jorge F. Amoedo que contou a súa experiencia. Con estas xornadas, o Concello quere abrir ós empresarios novas formas de financiación para que podan levar adiante ós seus proxectos.

A través das súas intervencións os relatores presentaron os tipos de financiamento que se poden empregar para levar adiante proxectos de innovación. Trátase non só de productos bancarios mais ou menos novidosos –como poden ser o factoring, o forfaiting ou o confirming)- senón tamén doutras posibilidades de obter financiamento a través de entidades non financeiras como son as sociedades de capital risco. Estas sociedades financian proxectos empresariais mediante a toma de participacións no capital da empresa, sempre de xeito temporal e participando activamente no control da empresa e na toma de decisións.


En concreto Unirisco é unha sociedade de capital risco promovida polas tres universidades galegas e que está orientada ó apoio de proxectos xurdidos de equipos universitarios. As actuacións de Unirisco buscan apoiar empresas baseadas no coñecemento xerado pola universidade baixo criterios de rendibilidade e de creación de emprego. Deste xeito ofrécense alternativas á transferencia de tecnoloxía da universidade ás empresas, máis aló da simple cesión de patentes. O resultado ven ser que da universidade saen equipos de investigadores que se converten en investigadores- emprendedores.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova