Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O 23 de febreiro comezará a demolición do antigo matadoiro de Abella


# Mércores, 14/02/2007
Marcará un antes e un despois no desenvolvemento urbanístico e crecemento do barrio

O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe, despois dunha reunión cos responsables da demolición do antigo matadoiro de Abella, que estes traballos comezarán o 23 de febreiro. A demolición será custosa: 600.000 euros e permitirá o desenvolvemento definitivo desta zona da cidade. “Abella e a Sur-K son as operacións inmobiliarias máis importantes dos últimos anos en Lugo”, afirmou Besteiro tendo en conta os metros cadrados que suman.

“A demolición do antigo matadoiro de Abella é unha páxina que se supera da evolución de Lugo pero que non forma parte do proxecto de futuro desta cidade”, dixo Besteiro sobre estes importantes traballos que permitirán o desenvolvemento e crecemento de todo o barrio. En total, as instalacións actuais suman 17.000 metros cadrados pero darán paso a un novo barrio con zonas comerciais, rúas amplas, dotacións, áreas verdes, etc.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova