Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza a demolición do complexo industrial Abella-Frimisa


# Xoves, 22/02/2007
O Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo presenciarán o inicio dos traballos, o venres ás 11:45 da mañá

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, presenciarán mañá, venres, os traballos de demolición dos antigos matadoiros de Abella e Frimisa, que darán comezo sobre as 11:45 da mañá.

Esta primeira parte da obra, que ten un prazo de execución de tres meses, comeza cun orzamento cercano aos 600.000 euros (574.745). O derrube realizarase de xeito paulatino xa que existen unha gran parte de materiais contaminantes na antiga factoría, razón pola que se utilizará en moitas ocasións o desmonte das pezas da construcción unha a unha.

Actualmente este complexo industrial abandoado ocupa unha extensión total de 16.423 metros cadrados, dos que a fábrica repesenta 11.487 e o matadoiro 2.622. A esto hai que sumar naves auxiliares e outras edificacións, ademais das rúas de comunicación dentro do complexo.

Unha vez rematado o derrubamento e tal e como se tiña anunciado, nesta zona construirase unha nova zona residencial ao amparo dun proxecto innovador en relación ao deseño do resto da cidade, con bloques de diferentes alturas que ofertarán apartamentos e pisos de dous e tres habituacións.

A zona disporá de novas rúas que comunicarán esta mazá co resto do barrio, o que suporá romper coa estrutura actual, que supoñía un impedimento ao desenvolvemento do entorno.

O edificios estarán rodeados de 35.000 metros cadrados de zona verde, con parques infantís e zonas de esparcemento. Ademais, as propias rúas serán dun ancho similiar aos 23 metros, o que permitirá facer medianeiras con zona verde.

Todo o contorno contará con diferentes servizos dotacionais, con instalacións deportivas e tamén a construcción dun centro social. Todo isto estará complementado coa construcción dun centro comercial contemplado urbanísticamente dentro do proxecto.

http://www.lugo.es/ws/Abella




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova