Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello defenderá a tramitación do PXOM a pesar do intento de paralización da Consellería de Cultura


# Xoves, 01/03/2007
Respectaranse os cambios dentro das competencias da consellería nacionalista pero non os que invandan as competencias municipais

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, explicou que o Concello de Lugo avaliará o informe da Consellería de Cultura nunha comisión que terá lugar con todos os grupos políticos e técnicos implicados o vindeiro mércores. O máximo representante municipal afirmou que o Concello dialogará coa Consellería as cuestións que sexan competencia deste departamento pero non permitirá que ésta invada as cuestións de competencia municipal.

O Alcalde suscribiu as declaracions realizadas este mércores polo Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro. O equipo de goberno considera que a consellería nacionalista tenta paralizar a tramitación do PXOM lucense.

O Alcalde pide “respecto institucional” á Consellería nacionalista xa que “o que sexa da súa competencia e estea acertado, imos acatalo. Pero o que non sexa da súa competencia... defenderémolo con uñas e dentes”, afirmou. López Orozco dixo: “non se pode entrar por ningunha vía que non estea señalada na lei a gobernar os concellos”.

Para o Alcalde o intento de paralización do departamento de Ánxela Bugallo “aínda me da máis forzas, como se temos que traballar sábados e domingos”, afirmou.

A Consellería de Cultura foi a única das 18 administracións consultadas sobre o PXOM que puxo obstáculos ó documento dicindo que non lle servía en CD. “Como poden recibir unha información en pleno século XXI e non admitila en soporte de novas tecnoloxías?”, preguntou retoricamente o Alcalde.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova