Imprimir

O CONCELLO CONVOCA AS AXUDAS PARA O ALUGUEIRO E PARA AS ASOCIACIÓNS CULTURAIS


12/3/2007 Os prazos de presentación de solicitudes abriron esta fin de semana

O Concello de Lugo abriu o prazo de presentación de solicitudes das axudas para o alugueiro de vivendas en Lugo. As bases están recollidas do Boletín Oficial da Provincia do sábado, no que se establece un periodo dun mes (até o 11 de abril) para realizar ditas solicitudes.

A documentación necesaria pode consultarse nas bases da convocatoria, que están web municipal, www.lugo.es e deberá presentarse no rexistro de Evislusa e no do Concello de Lugo.

Estas subvencións están a cargo da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, pero están xestionadas a través de Evislusa.

A Concellería de Muller tamén abriu o prazo de presentación de solicitudes para a concesión de subvencións a asociacións culturais para o desenvolvemento de programas de interese xeral. As bases da convocatoria tamén están a disposición dos interesados na web municipal.