Cargando....
Concello de Lugo
25/11/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello amplía as axudas ao alugueiro aos sectores poblacionais con maior risco de exclusión social


# Xoves, 15/03/2007
A convocatoria de axudas ás ONG¿s tamén está aberta e destinarase un orzamento de 233.100 euros

O Concello amplía o seu programa de axudas ao alugueiro a sete categorías de beneficiarios coa finalidade de abarcar aos sectores poblacionais que sofren maior risco de exclusión social. A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre explicou “que este programa vai dirixido á xente que ten graves dificultades para acceder á vivenda e por iso o Concello aumenta os orzamentos para chegar a máis xente”. Este ano o presuposto aumentou nun 43% con respecto ao do ano pasado e ascende ata 66.500 euros.

Nas convocatorias anteriores contemplábanse catro categorías de selección: pensionistas, inmigrantes ou emigrantes retornados, xóvenes e familias monoparentais con cargas familiares. Este ano o Concello inclúe tres novos grupos: discapacitados, vítimas da violencia de xénero e persoas separadas ou divorciadas con dificultades de acceso á vivenda.

Outra novidade fundamental é que se amplía o concepto de unidade de convivencia para facilitar que mozos menores de 35 anos e persoas maiores de 65 vivan xuntas sen necesidade de vínculo familiar e opten ás axudas. Esta iniciativa está ao servizo de loitar contra á soidade que afecta a moitos maiores e, por outra banda, para axudar ao acceso á vivenda á xuventude.

Outro dos requisitos modificados é que se reducen os ingresos mínimos para acceder ás axudas e se establecen nun mínimo de 2.874’60 euros anuais e un máximo de 11.498’40 euros anuais.

Estas axudas cobren ata o 50% do prezo do alugueiro da vivenda contratada polo propio solicitante e concédense polo prazo dun ano. Na convocatoria do ano pasado beneficiáronse das axudas ao alugueiro un total de 29 persoas -8 homes e 21 mulleres.

O prazo para a solicitude destas axudas permanecerá aberto ata o vindeiro día 11 de abril e todos os interesados deben presentar a documentación necesaria nas oficinas de EVISLUSA.

Axudas ás ONG’s

A Concelleira de Muller e Benestar Social tamén recordou que o prazo para solicitar as axudas ás ONG’s que destina o Concello estará aberto ata o día 11 de abril.

Este ano o orzamento destinado é de 233.100 euros e repártense do seguinte xeito entre sete concellerías:
1. Servizos Sociais………………………………..……25.000 euros
2. Muller……………………………………………..……..…6.000 euros
3. Xuventude……………………………………………..…6.000 euros
4. Deportes…………………………………………………..120.000 euros
5. Participación cidadá………………………………..46.000 euros
6. Educación…………………………………………………..3.600 euros
7. Cultura………………………………………………………..26.500 euros

Para máis información pódense consultar as bases na web municipal www.lugo.es.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova