Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O equipo de goberno afirma que o PP tiña que poñerse colorado coas Costas do Parque


# Venres, 23/03/2007
O grupo popular aprobou o Plan Xeral que permite construír aí

O voceiro do equipo de goberno, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou que “o Partido Popular tiña que poñerse colorado” coa futura construción na finca Garañón, lindante coas Costas do Parque, tendo en conta que foi este grupo quen aprobou construír nesta parcela.

Besteiro expresou o “máximo respecto” do equipo de goberno para as persoas que se manifestaron onte contra esta construción. Tal e como declaraba esta semana o propietario da Finca Garañón, “non hai posibilidade de negociar máis do pactado. O Concello de Lugo negociou ó máximo, renunciou ó seu 10% de aproveitamento urbanístico e o constructor a 3.000 metros edificables... pero esta parcela ten valor porque o Partido Popular co Plan Xeral do 1991 llo deu”, relatou Besteiro. Por iso, considera que “cando se miren ó espello, cando menos, eu só lle pido unha cousa ó PP: que se poña colorado”.

Para o voceiro “a única solución é que a Consellería de Cultura declare BIC esta zona e pague as indemnizacións millonarias correspondentes”, concluiu.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova