Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese o prazo de exposición pública do proxecto de expropiacións na Avenida de Madrid


# Venres, 27/04/2007


A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada o día 21 de marzo de 2007, aprobou inicialmente o “Proxecto de expropiación da adecuación da antiga travesía nacional (N-VI), na actualidade Avenida de Madrid (Lugo)”. Estas obras permitirán desdoblar e ampliar a Avenida de Madrid, que entroncará co importante nó de comunicacións da zona sur. Será entón unha das entradas máis directa, rápida e moderna da cidade.

A superficie para expropiar é de 10.942,10 m2. A valoración total ascende á cantidade de 2.192.419,06 €.

O proxecto de expropiación sométese a exposición pública durante o prazo DUN MES, durante o cal os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Urbanismo, na oficina de Xestión Urbanística, primeira planta do edificio sito na ronda da Muralla, 197 (antigo Seminario), así como presentar alegacións, reclamacións ou suxestións que desexen, mediante escrito dirixido á Alcaldía. Máis información no Taboleiro de Anuncios do Concello.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova