Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello precintará o día 10 dúas antenas de telefonía sen licencia


# Luns, 30/04/2007
Expedida orde de paralización para a de Pastor Díaz

O Concello de Lugo procederá o día 10 a precintar as instalacións de dúas antenas de telefonía móbil de Telefónica Móviles. Así o anunciou o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, quen fixo pública a súa decisión mediante decreto.

Deste xeito, as antenas de telefonía situadas no número 7 de Nicomedes Pastor Díaz e no 44 da rúa Flor de Malva, tiñan xa orde de paralización da actividade xa que carerían de licencia municipal.

Unha vez desoídas por parte de Teléfonica estas decisións, ordeouse precintar a súa actividade e suspender o suministro de enerxía eléctrica para que non continúen a funcionar.

Por outra banda, o Concelleiro ditou xa a orde de paralización da obra de instalación da antena de telefonía situada na rúa Amor Meilán, xa que tamén carece de licencia municipal. Ademais, o proceso está en marcha dende o momento no que os veciños fixeron a denuncia.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova