Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Reunión de achegamento de posturas sobre o trazado da nova ponte


# Xoves, 03/05/2007
O Alcalde manifestou a súa intención de non tomar unha decisión até que se exponga ao público

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, mantiveron hoxe unha reunión con representantes dos veciños de Acea de Olga para falar das tres opcións para o trazado da nova ponte sobre o río Mino.

O Concelleiro informou do contido da reunión, na que se lles informou de que o Concello está aberto a todas as suxestións e opinións veciñais, xa que non existe ningunha opción definida sobre o trazado da ponte. “Actualmente rexeitamos a opción máis próxima á ponte vella xa que entraríamos no ámbito de protección de bens patrimoniais e culturais que rexerá no novo PXOM, por non falar dos problemas que iso xeraría”, dixo Besteiro.

Así mesmo, indicou que a opción da que se falou até o de agora é a opción pola que se inclina o Ministerio de Fomento, porque é a que se considera máis beneficiosa e con menos impacto, “o que intente demostrar que é a única opción que ten o equipo de goberno, mente”, aclarou o Concelleiro tras a reunión.

Explicou tamén que o Alcalde buscará “a mellor alternativa para todos os veciños de Lugo, non só para os dun barrio, xa que se trata dunha infraestrutura importante e necesaria para todos.

Pola súa banda, Besteiro indicou que o importante é evitar a declaración de impacto ambiental, porque eso suporía un retraso considerable coa construcción. “Por esto mesmo, o Alcalde deixoulles constancia de que esa é agora mesmo a preocupación fundamental e que non pensa consentir retrasos inxustificados provocados por protestas contra decisións e alternativas cando aínda non se tomaron”, aclarou.

Finalmente, o Concelleiro indicou que o equipo de goberno esperará á exposición pública do proxecto para dar a súa opinión sobre a mellor alternativa a seguir, ao mesmo tempo que o farán o resto dos veciños. Unha vez que remate o periodo de alegacións poderán estudarse modificacións sobre eses trazados iniciais e tomar a decisión final.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova