Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un informe do ICOMOS rexeita a utilización de San Fernando como Auditorio


# Martes, 08/05/2007
O Concello continuará a defender a súa postura até que exista un veredicto da Unesco

O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, comunicou hoxe a existencia dun novo informe do ICOMOS, produto da última reunión mantida a instancias do Alcalde, no que se radicaliza a postura deste organismo para a ubicación no Antigo cuartel de San Fernando do novo Auditorio.

O Concelleiro explicou que este novo informe vai máis aló e non acepta as recomendacións de Cultura, senón que indica a necesidade de cambiar o lugar de construcción.

Por outra parte, o Concelleiro explicou que un informe da mesma reunión do arquitecto Marcos Parga rebate cada unha das obxeccións propostas por este organismo. Engadiu tamén que estes documentos son os que foron enviados á Dirección Xeral de Bellas Artes para que interveña nesta cuestión.

Mentres tanto, o Concelleiro indicou que existe un acordo por unanimidade dos tres partidos políticos con representación municipal para continuar a reinvindicar a construcción do Auditorio neste lugar. Así mesmo, indicou que defenderán esta postura até que se produza un veredicto por parte da Unesco, “que haberá que acatar se comparta ou non”.

Engadiu que o Concello está a seguir realizando xestións con todos os departamentos implicados para defender a postura acordada por unanimidade para construír o Auditorio no cuartel.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova