Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello pon en funcionamento o novo alumeado de Vila de Foz, Praza do Castiñeiro e San Roque


# Xoves, 10/05/2007
A fonte do Castiñeiro volverá ter auga nestes días

O Concelleiro de Urbanismo, José Piñeiro, informou hoxe que remataron as obras de instalación de novo alumeado en tres zonas de Lugo, concretamente na rúa Vila de Foz, na praza do Castiñeiro e tamén na rúa San Roque en toda a súa extensión, dende a Fonte do Rei até a Ronda da Muralla. O primeiro aceso realizarase esta noite.

O Concelleiro explicou que a Rúa San Roque conta dende agora cun alumeado totalmente renovado froito dun proxecto totalmente innovador que permite o aforro enerxético e o uso de enerxías renovables.

Estes novos focos permiten variar durante o día a intensidade de luz e tamén o seu tempo de funcionamento a través dun sistema de comunicación. Este proxecto ten un orzamento de 100.000 euros.

Ademais, a praza do Castiñeiro conta con catro novos focos, cunha potencia total de 460 w. Están situados na zona de recente construcción sitada ao lado da zona de xogos infantís. Esta ampliación ten un orzamento de 12.200 euros.

Cun orzamento de 35.188 euros foron colcadas 34 luminarias de nova xeración, cunha potencia de 3.998 w, na rúa Vila de foz, iluminarias que teñen un programa para iluminar de forma destaca a pista de patinaxe neste primeiro bancal do parque.

FONTE DO CASTIÑEIRO

Por outra banda, o Concelleiro, José Piñeiro, indicou que a fonte do Castiñeiro volverá ter auga nos próximos días unha vez que remataron os traballos previos da obra.

Indicou que había un compromiso do Concello de non deixar secar esta fonte aínda que se realizaran as obras e que se ía recuperar o cauce no menor tempo posible.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova