Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza a demolición do tapón de López Guntín


# Xoves, 10/05/2007
O Concello investiu nesta operación 200.000 euros

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e os Concelleiros de Urbanismo e Infraestruturas, José Ramón Gómez Besteiro e José Piñeiro, visitaron hoxe as obras de demolición do tapón de López Guntín, o edificio que bloqueaba a saída desta rúa na súa intersección con Lamas de Prado.

O Alcalde lembrou que tras 30 anos de xuízos e negociacións, finalmente acadaron a solución para demoler este bloque, sen rematar de constuír.

A demolición ten que facerse de xeito progresivo e lento xa que a utilización de maquinaria pesada supón un risco para os edificios colindantes.

López Orozco explicou que para chegar ao día de hoxe foron necesarios 200.000 euros, destinados ao pago de indemnizacións aos propietarios e ás obras de demolición.

Según indicaron, será necesario unha media dun mes para rematar o derrubamento e unha vez finalizado o mesmo procederase á urbanización da rúa, xa que o edificio ocupa actualmente un carril completo da rúa.

O Alcalde insistiu en que esta operación foi moi demandada polos veciños, “polas dificultades que supón saír e entrar na rúa”.

Os tres lembraron tamén outro tipo de operacións similares, de eliminación de tapóns urbanísticos, que se levaron a cabo nos últimos anos, como a realizada no barrio Feixoo (onde agora hai un parque), no Carril das Hortas e no Camiño de Pipín.

O Alcalde indicou que non só se está a traballar no centro, xa que as melloras chegan tamén ao resto de barrios como os de Montirón e A Tolda.

Unha vez derrubado este edificio, quedará libre o proceso de construcción da Segunda Ronda, que estaba paralizada á espera desta actuación.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova