Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello defende a ubicación actual das estacións de tren e de autobús nunha visita ás obras do Plan Paradai


# Martes, 15/05/2007
O Concello defende a ubicación actual das estacións de tren e de autobús nunha visita ás obras do Plan Paradai

O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, e o Delegado de Política Territorial, Daniel Núñez Segade, visitaron hoxe as inmediacións da estación de tren para especificar a situación na que se atopan as obras do Plan Paradai.

O Concelleiro avogou por manter a situación actual da estación de tren como medio de manter o dinamismo do barrio que lle da nome. “O Bloque Nacionalista Galego quere desmantelar o barrio da estación e o centro sacándolle a estes barrios a súa esencia: as estacións de tren e de bus para levalas até as Gándaras. Isto é un suicidio para o barrio, un camiño sen saída”, explicou.

Fronte a este desmantelamento dos barrios, con todas as perdas económicas que suporían para os mesmos, o equipo de goberno aposta por mater as estacións na cidade, “xa que no existe ningún problema técnico para que entre o AVE na estación actual e, ademais o Plan Paradai foi creado para desenvolver esa zona e establecer as vías de comunicación entre as dúas marxes da vía e non ter que eliminar a estación”, dixo.

O Concelleiro fixo referencia a que o Alcalde, José López Orozco, foi o primeiro en defender que cando se traslade o Hospital debe haber unha dotación pública na zona da Residencia, de xeito que continúe o crecemento do barrio. “Estamos a traballar para que baixo ningún concepto os barrios da estación e o centro sexan despoxados das estacións de tren e bus, pola accesibilidade, pola proximidade ao centro, pola axeitada relación con outros transportes (taxis, buses), pola integración da cidade, entre outras moitas”, dixo.


O Concelleiro insistiu en que foi este equipo de goberno o que desbloqueou e traballou no Plan Paradai, aproveitando as posibilidades de crecemento desta zona en expansión. Por outra banda, comprometouse públicamente coa realización da segunda fase do Plan que o Delegado da Consellería dixo que solicitará que se inclúa nos próximos orzamentos.

Pola súa banda, o Delegado da Consellería, explicou que avanzan a bo ritmo as obras que se están a realizar actualmente en tres tramos, o de Rúa Alta-Ponte Paradai (cun orzamento de 1.556.000 euros), o de Ponte Paradai-Ponte Romai (de 3.488.000 euros) e o de Duquesa de Lugo-Río Narla (cun importe de 1.336.000 euros).

Así mesmo están preparados xa os outros tres tramos, que corresponden a unión da nova vía coa rúa Serra de Meira e Carlos Azcárraga a través da ponte Paradai, un proxecto que conta coa construcción de dúas rotondas. Este é o tramo máis urxente, unha vez que rematen as obras no actual. Tamén haberá outras vías de desenvolvemento, unha pola calzada das Gándaras e outra pola outra marxe da vía do tren.

Finalmente, o Concelleiro fixo referencia ás críticas verquidas por parte de Núñez Feijoo contra a presencia do Alcalde no debate realizado en Televisión de Galicia na tarde onte. O Concelleiro insistiu en que minimizar a presencia do Alcalde no debate dicindo “que lle mandaron un señor con algúns quilos de máis” pon de manifesto o escaso respecto que teñen neste partido polos cidadáns e polas persoas que lles votaron.

Lembrou que xa Joaquín García Díez faltoulle ao respecto ás mulleres indicando que votaban en función da coquetería do candidato e agora atacan á figura do Alcalde, “que o único que fixo foi defender o seu traballo e o municipalismo, que é o que se vota e valora nestas eleccións”. Engadiu que “perdeu o debate, de plano, esa foi a verdaderia razón do seu enfado”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova