Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza a urbanización do polígono Sur-K, ó carón de Augas Férreas


# Mércores, 23/05/2007
O 71% da superficie total estará destinada a uso público con zonas verdes, amplas rúas de 17 e 22 metros de ancho, espazos libres e dotacións para equipamentos municipais

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, e o construtor Jesús Pernas, en nome da Xunta de Compensación do polígono, visitaron o inicio das obras de urbanización da Sur-K, situada entre Augas Férreas e Montirón.

A urbanización de 296.790 metros cadrados da Xunta de Compensación é para o Alcalde de Lugo “un exemplo de cómo se pode desenvolver a unidade de actuación máis ampla actualmente en vigor, xuntando máis de 100 familias e sumando máis de 170 parcelas diferentes”. López Orozco agradeceu o traballo da iniciativa privada “que traballou codo con codo e conforme á lei co Concello de Lugo”.

A urbanización da Sur-K proporcionará á cidade amplos espazos para crear dotacións públicas como serán: o Centro Tecnolóxico Agroalimentario (CETAL), espazos deportivos, sanitarios, comerciais, rúas de entre 17 e 22 metros de ancho e zonas verdes, ademais do 10% de aproveitamento urbanístico que, por lei, lle corresponde ó Concello de Lugo.

O investimento previsto para urbanizar o polígono ascende a 22.078.314 euros, que equivalen a máis de 3.600 millóns das antigas pesetas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova