Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Besteiro informou a Patrimonio das decisións adoptadas polos tres partidos en relación ao PXOM


# Mércores, 30/05/2007


O Concelleiro de Urbanismo e Voceiro do Grupo Municipal do PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo hoxe unha reunión co Director Xeral de Patrimonio, Felipe Arias, para informarlle dos acordos acadados polos tres partidos en relación ao informe emitido por este departamento da Xunta de Galicia sobre o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Gómez Besteiro indicou que a reunión serviu para darlle a coñecer a decisión unánime acadada nas reunións mantidas en Lugo sobre diferentes puntos destinados a manter a autonomía municipal neste documento.

PSOE, PP e BNG acordaran aceptar as suxestións da Dirección de Patrimonio respecto aos bens de interese cultural e tamén sobre a maioría dos edificios catalogados de titularidade pública. Indicou o desacordo con algunhas destas restriccións en edificios como por exemplo o Arquivo Provincial e a Estación de Renfe.

O Concelleiro explicou tamén a postura do Concello sobre os edificios catalogados de titularidade privada, aceptando as restriccións nalgúns casos e non nos outros, ampliando as liberdades nos casos nos que se respecte a esencia da edificacion.

Por outra banda, comunicáronlle a intención de manter a restricción actual de 30 metros sobre o Camiño Primitivo xa que é a protección que ten o Ruta francesa actual, e non os 100 metros que solicitaban no informe.

O Concelleiro indicou que se tratou en todo momento dunha reunión cordial e informativa das decisións tomadas por parte dos tres partidos políticos e co matiz de trasladar a decisión tomada.

Gómez Besteiro indicou que o paso seguinte será esperar a resposta da Consellería de Medio Ambiente antes de proceder a contestar as alegacións ao Plan e aprobalo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova