Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ludus Party.net galardoada por expertos en parties con dous premios honoríficos


# Venres, 26/01/2007
A agrupación Lanparty, que congrega a distintos profesionais da informática, concede anualmente estes premios ás mellores parties nacionais

Ludus Party.net foi galardoada o pasado luns, día 22, con dous premios honoríficos "Lobos de Oro", que concede todos os anos a agrupación Lanparty ás mellores parties do panorama nacional. Este grupo está formado por profesionais do mundo da informática e por afeccionados de alto nivel que participan habitualmente nas festas tecnolóxicas máis prestixiosas do país.

A party lucense xa se convertiu nun acontecemento de referencia nos circuitos das parties e foi valorada en votación pública entre un total de 91 festas das que se celebran no territorio nacional. Os criterios de avaliación para a concesión dos galardóns examinan distintos aspectos como: a calidade da rede local, a confortabilidade do lugar, o ambiente, a organización, a seguridade, os servizos ofrecidos (duchas, zonas de descanso, menús…) ou o programa de actividades.

Os premios establecen unha categoría xeral ás mellores Lan Party -que analiza os aspectos antes mencionados dunha forma global- e na que resultou seleccionada Ludus Party.net cun Lobo de Bronce 2006, quedando en terceiro lugar despois das emblemáticas Murcia Lan Party e Euskal Encouter.
Por outra banda, a agrupación concede premios específicos segundo os distintos criterios de analise, entre os que Ludus
Party.net foi seleccionada cun Lobo de Oro 2006 á relación calidade/precio.

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, manifestou a súa satisfación por estes premios que supoñen un recoñecemento ao esforzo realizado pola organización e a todos os participantes polo bo ambiente que contribuiron a crear ao longo de Ludus Party.net. Ademais, estas distincións teñen o valor añadido de que son concedidas por auténticos expertos en parties.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova